Skip to main content

Un curso do Departamento de Psicoloxía Clínica reflexiona sobre os últimos avances no tratamento de persoas con dependencia á cocaína

O Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, a través dun convenio coa Consellaría de Sanidade, organiza este xoves e o venres 13 un curso sobre a avaliación e o tratamento da dependencia da cocaína no que expertos neste eido exporán os últimos avances na avaliación e na terapéutica deste trastorno.
Os asistentes son profesionais das unidades asistenciais ao Drogodependente do Plan de Galicia sobre Drogas. Xunto aos aspectos de prevalencia e características deste trastorno, analizaranse as consecuencias físicas e psiquiátricas do mesmo, a avaliación neuropsicolóxica e o seu tratamento.
Dentro do tratamento da dependencia da cocaína analizaranse os tratamentos psicolóxicos, os farmacolóxicos, os programas de reforzamento comunitario, o tratamento en réxime residencial e o dos adolescentes consumidores. Tamén se profundará na relación entre cocaína e alcohol e cales son os retos actuais do tratamento destas persoas. Con este curso os participantes poden coñecer os últimos abordaxes nesta problemática e como implantalos na súa práctica clínica cotiá.

The contents of this page were updated on 02.12.2009.