Skip to main content

Xa se atopa en liña a normativa provisoria que regula os concursos de acceso aos corpos docentes universitarios da USC

A normativa provisoria pola que se regulan os concursos de acceso aos corpos docentes universitarios da Universidade de Santiago de Compostela xa se pode consultar en liña no enderezo dixital http://www1.usc.es/webvprof/PDIFuncionario/normativa/Definit.Normativa%20Selección%20PDI%20Func.pdf.
Aprobada no Consello de Goberno celebrado o pasado 11 de febreiro, regula o procedemento de contratación do Persoal Docente e Investigador conforme á Lei Orgánica de Universidades de 2001 e a súa modificación de 2007, ao Real Decreto 1312/2007 polo que se establece a acreditación nacional para o acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios e ao Real Decreto 1313/2007 que regula o réxime destes concursos.

The contents of this page were updated on 02.17.2009.