Skip to main content

Os decanos e directores de centros coñecen o Sistema de Garantía Interna de Calidade

O reitor da USC, Senén Barro, e a vicerreitora de Calidade e Planificación, Dolores Álvarez, presentáronlles aos decanos e directores de centro a documentación marco do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) co fin de que a partir dela cada facultade e escola deseñe o seu propio sistema.
O SGIC, como elemento esencial na política e actividades formativas da USC, pretende garantir a calidade de todas as titulacións mediante a actualización constante da oferta académica e a mellora continua dos programas formativos para satisfacer as necesidades e expectativas dos grupos de interese.
A través da súa implantación búscase reflectir o compromiso e a forma de entender a calidade da USC en canto á prestación dos seus servizos, dentro do marco proporcionado polas políticas nacionais e internacionais así como do propio universitario.
Responder ao compromiso de satisfacción das necesidades e expectativas xeradas polos grupos de interese e ofrecer a transparencia esixida no marco do EEES son outros dos obxectivos do SGIC, que trata de incorporar estratexias de mellora continua, ordenar as súas iniciativas docentes dun modo sistemático para que contribúan de modo eficaz á garantía de calidade e facilitar o proceso de acreditación das titulacións implantadas conforme aos requisitos Fides-Audit.

The contents of this page were updated on 02.16.2009.