Skip to main content

O Ministerio de Educación de Namibia inicia liñas de cooperación coa Universidade de Santiago

No centro da foto, o vicerreitor Lourenzo Fernández e o ministro Nangolo Mbumba
No centro da foto, o vicerreitor Lourenzo Fernández e o ministro Nangolo Mbumba

Co obxecto de establecer lazos con institucións educativas internacionais o ministro de Educación de Namibia, Nangolo Mbumba, está a realizar unha serie de visitas a países europeos e americanos. Sendo ministro de Finanzas, en 1995 Mbumba asinou o Convenio Básico de Cooperación entre a República de Namibia e o Reino de España.
Neste periplo, o titular de Educación do país africano incluíu a Universidade de Santiago, onde foi recibido polo seu reitor Senén Barro e polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández.
Destes encontros xurdiron propostas de colaboración enfocadas ao intercambio de estudantes, docentes e investigadores coas Universidades de Namibia e Politécnica de Namibia, que suman un total de 16.000 alumnos. Ademais, puxéronse as bases para a cooperación en materia de formación nas áreas de agricultura, medicina, informática, turismo e enxeñarías.

The contents of this page were updated on 02.17.2009.