Skip to main content

O reitor da USC Senén Barro analiza en Valencia a adaptación dos estudos de informática ao Espazo Europeo de Educación Superior

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, impartirá este xoves 19 na Universidade Politécnica de Valencia (UPV) unha conferencia sobre a adaptación dos estudos universitarios de informática ao Espazo Europeo de Educación Superior. A sesión celebrarase a partir das 12:30 horas no Paraninfo da Reitoría da UPV.
A presenza na Politécnica de Valencia do reitor compostelán, que é vicepresidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE), tenta aclarar particularidades do proceso de converxencia da educación superior en Europa.

The contents of this page were updated on 02.18.2009.