Unhas xornadas na ETSE achegan as particularidades das plataformas de software libre OpenCms e Sakai
A USC organiza dende este mércores e ata o próximo venres 20 unhas xornadas técnicas destinadas a profesionais das universidades españolas interesados en profundar nas particularidades de OpenCms e Sakai, dúas plataformas de software libre cuxo uso se está a estender constantemente, especialmente no entorno universitario.
Aínda que as xornadas son independentes entre si, a súa organización realízase de forma conxunta co obxecto de simplificar o proceso de asistencia, de tal xeito que na xornada do mércores os interesados coñeceron o OpenCms, mentres que as outras dúas xornadas estarán dedicadas á plataforma Sakai.
O encontro estase a celebrar nas instalacións da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago.