Presentación da XV Maratón Fotográfica do Campus de Lugo
Os representantes das entidades que conforman o Convenio Lugo Cultural presentan este mércores 25, ás 11:30 horas, a XV Maratón Fotográfica do Campus de Lugo que terá lugar a partir do vindeiro 17 de marzo.
O acto de presentación estará a cargo do vicerreitor de Cultura, Elías Torres; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; o Delegado de Cultura da Deputación Provincial, Antonio Veiga; o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte, Xoán Xosé Molina; e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
Á presentación asistirá o Trío Vaamonde, Lamas & Romero, que presentará o seu disco ‘Vellas Artes’ este xoves 26 ás 21:00 horas na Escola Universitaria de Formación de Profesorado.