Skip to main content

Nove alumnos de Bioloxía da USC partiron a bordo do Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa

Os alumnos da 4ª campaña de ForSaGal estiveron acompañados o día da súa partida por Celia Besteiro e Victoriano Urgorri (á dereita da imaxe)
Os alumnos da 4ª campaña de ForSaGal estiveron acompañados o día da súa partida por Celia Besteiro e Victoriano Urgorri (á dereita da imaxe)

Un total de nove alumnos da Facultade de Bioloxía da USC e outros sete da Facultade de Ciencias do Mar de Vigo compoñen a 4ª edición das Campañas Oceanográficas de Formación a bordo do Buque Sarmiento de Gamboa para estudantes do Sistema Universitario Galego (ForSaGal 09).
Os alumnos, que partiron esta pasada fin de semana para unha travesía que se prolongará ata o próximo mércores 25, recibiron con anterioridade á súa partida a visita da vicerreitora adxunta Celía Besteiro quen destacou a importancia destas campañas na súa formación científica.
As campañas do ForSaGal 09 están organizadas pola Comisión Técnica da Dirección Xeral de I+D+i e é un feito que se dá por vez primeira no Sistema Universitario Galego.

The contents of this page were updated on 02.23.2009.