Skip to main content

A exposición 'A Ronda' trasládase á Facultade de Veterinaria e poderase ver ata o 17 de marzo

A mostra sobre os dereitos humanos instálase en Ciencias, tamén dentro da programación de Lugo Cultural

A exposición de fotografías ‘A Ronda’, que amosa o último traballo da Compañía de Teatro USC-Lugo, está aberta ao público no aulario da Facultade de Veterinaria de Lugo.
A mostra recompila imaxes de Mario García Herradón da montaxe da obra homónima de Artur Schnitzler, dirixida polo dramaturgo Quico Cadaval, e que pon en tela de xuízo a liberación sexual e a hipocrisía da sociedade.
Nesta obra de teatro participou un grupo de nove actores universitarios da Compañía cos que Cadaval leva traballando dous anos.
Dereitos HumanosA mostra ‘Retrato dun escándalo universal de dereitos humanos. A discriminación e a violencia contra as mulleres’ está exposta na Facultade de Ciencias, despois de ter pasado pola Facultade de Administración e Dirección de Empresas e a de Humanidades.
Consta de 22 paneis que recollen un amplo abano de temas relacionados coa discriminación e a violación dos dereitos humanos que sofren as mulleres en todo o mundo. Con esta exposición Amnistía Internacional quere resaltar a universalidade dos abusos dos dereitos humanos das mulleres, cuxa raíz é a discriminación; pero á vez, subliñar o papel activo destas como axentes de cambio e defensoras de dereitos.
Ambas as dúas exposición estarán abertas ao público ata o 17 de marzo de luns a venres, en horario de nove da mañá ás nove da noite, de xeito ininterrompido.

The contents of this page were updated on 02.05.2009.