Skip to main content

O reitor da USC recibe o nomeamento como membro de honra do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, recibirá este venres 6 o nomeamento como membro de honra do Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña.
O acto celebrarase no transcurso dunha cea que a organización colexial desenvolve no Hotel Araguaney a partir das 21:00 horas con motivo da festividade da patroa deste colectivo, Santa Apolonia. No mesmo, imporáselle ao reitor compostelán unha insignia acreditativa do nomeamento.

The contents of this page were updated on 02.05.2009.