Skip to main content

A USC convértese a vindeira semana en punto de referencia no eido da neurociencia e computación

As principais novidades relativas as interrelacións entre neurociencia e computación serán obxecto de estudo no congreso internacional IWINAC 2009 (International Work-Conference on the Interplay between Natural and Artificial Computation) que se vai celebrar do 23 ao 26 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación.
No congreso se abordarán aspectos relacionados coa neurociencia computacional, computación bio-inspirada e outras formas de computación natural. Tamén se inclúe un amplo apartado sobre aplicacións da computación natural e a intelixencia artificial en enxeñaría, medicina, robótica e bio-tecnoloxía.
Está prevista a asistencia de científicos de Estados Unidos, Inglaterra, Francia, Alemaña, Holanda, China Xapón, Suíza, Brasil, Chile e España, cunha destacada presenza de expertos en intelixencia artificial xa que na xornada do martes 23, o congreso honrará a memoria de José Mira Mira, recentemente falecido. O doutor Mira, académico e investigador de gran prestixio internacional, é impulsor da investigación en Neurociencia e Enxeñaría do Coñecemento en España. Os resultados do seu esforzo sementaron o xerme do que hoxe é o Departamento de Electrónico e Computación e os estudos de informática.
O encontro organízao o Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación en colaboración coa UNED e a Universidade Politécnica de Cartaxena.

The contents of this page were updated on 06.19.2009.