Skip to main content

Continúa aberta a preinscrición no curso de experto en Inclusión Social

Os Departamentos de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social e de Didáctica e Organización Escolar da USC, xunto con membros do Grupo Stellae, organizan o curso de formación continua ‘Experto en Inclusión social: a inserción sociolaboral da mocidade galega’ dirixido a profesionais en activo e en formación que traballan con colectivos que se atopan nunha situación de exclusión social e laboral.
Este posgrao desenvolverase en modalidade presencial entre os meses de marzo e maio deste ano, continuando aberta a preinscrición ata o 20 de febreiro de 2009. A matrícula deberá formalizarse do 2 ao 12 de marzo de 2009.
O curso desenvólvese en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e co Fondo Social Europeo, que asumen o reto da formación para a inserción sociolaboral como un compromiso co desenvolvemento persoal, convivencia pacífica e acceso real ao mundo laboral e as súas implicacións no ámbito da profesionalización.
A este respecto, as directoras do curso, as profesoras Dolores Fernández Tilve e Esther Olveira Olveira, confían en que os seus destinatarios acaden o grao de especialización necesario para unha maior integración sociolaboral e unha cuota mínima de calidade de vida dos colectivos en situación de risco.

The contents of this page were updated on 02.06.2009.