Skip to main content

O CEER participará na Mostra Asociativa Xuvenil de Galicia e o norte de Portugal

A Fundación Centro de Estudios Eurorrexional (CEER) participará os días 7 e 8 de febreiro no encontro do asociacionismo xuvenil de Galicia e o Norte de Portugal que terá lugar no Multiusos de Sar de Santiago logo de celebrarse en anteriores edicións en Porto e en Vila Nova de Famalicão.
A Fundación CEER, como rede universitaria conformada por máis de 140.000 estudantes, considera fundamental derivar os seus esforzos cara á conformación dun espazo xuvenil, de intercambio de experiencias, creativo, de formación e de difusión e participación cultural. Coa súa presenza no encontro o CEER pretende facerse parte activa no proceso de construción dun espazo onde os mozos e mozas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal poderán compartir realidades, experiencias, problemas e solucións comúns no mundo asociativo e reducir as distancias entre realidades semellantes e próximas.
Entre as actividades xa desenvolvidas pola Fundación CEER, para fomento do diálogo, o intercambio de opinións e experiencias, ocio e coñecemento mutuo, dirixidas á xuventude galega e portuguesa do norte, destácase a creación do Museo Virtual Universitario, con acceso aos recursos museísticos máis relevantes das seis universidades da Eurorrexión; o Club de Lectura Virtual Transfronteirizo; o DVD Museo Virtual; a creación de ferramentas democráticas de foros e espazos de debate; e a revista científica Estudios Eurorrexionais, con cabida para os novos investigadores; entre outras.

The contents of this page were updated on 02.06.2009.