Skip to main content

A Universidade de Santiago, gañadora dos XXIV Xogos Galaico Durienses

A USC resultou a gañadora da vixésimo cuarta edición dos Xogos Galaico Durienses no que compiten as tres universidades galegas e as do norte de Portugal e que este ano se celebraron en Santiago.
Logo da clasificación final absoluta, a USC sitúase no primeiro posto con 39 puntos, seguida pola da Coruña con 37 e a de Vigo con 30. As portuguesas de Porto, Trás os Montes e Alto Douro e Minho completan, nesta orde, a posición no ranking.
Neste campionato competiron 330 participantes -55 por Universidade- nos máis variados deportes - baloncesto mixto, balonmán mixto, voleibol mixto, tiro con arco, duatlón (natación e carreira pedestre), tenis de mesa mixto e xadrez- aos que este ano por vez primeira se incluían os xogos tradicionais de billarda, chave e bolas celtas.
Do total das oito probas deportivas, o equipo da Universidade de Santiago acadou o primeiro posto final en xadrez, tiro con arco e xogos tradicionais. En baloncesto o equipo da Universidade de Porto quedou clasificado no primeiro posto, mentres que a Universidade da Coruña foi a gañadora en balonmán, voleibol e duatlón, e a de Vigo en tenis de mesa.
A USC nos xogosAdemais deses primeiros postos, a Universidade de Santiago quedou segunda clasificada final en baloncesto, balomán, tenis de mesa e duatlón e acadou o sexto posto en voleibol.

The contents of this page were updated on 11.26.2009.