Skip to main content

O Verán CampUSC 2009 abre as súas portas aos nenos de 3 a 12 anos

Trátase dunha iniciativa que procura a conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores da USC

A Universidade compostelá estrea este ano, tanto en Santiago como en Lugo, o Verán CampUSC 2009, iniciativa que se orienta a rapaces de entre 3 e 12 anos fillos de traballadores da USC, asistentes a cursos de verán da institución e traballadores da Fundación USC Deportiva. Logo do período de preinscrición celebrado durante o mes de maio, entres os días 11 e 20 de xuño deberá formalizarse a inscrición definitiva.
O programa Verán CampUSC está concibido como unha actividade de carácter deportivo, cultural, socioeducativo e de lecer, desenvolta no período de verán para permitir a pais e nais traballadores da USC conciliar a vida laboral e familiar neste período. O programa organízao a Fundación USC Deportiva a solicitude da Vicerreitoría de Cultura en colaboración co Centro Xuvenil Don Bosco.
Existen un total de catro quendas posibles para participar nas actividades deste campus, do 23 ao 30 de xuño; do 1 ao 15 de xullo; do 16 ao 31 de xullo; e finalmente do 1 ao 10 de setembro. O programa ofrece ademais horario de maña, de 8:45 a 14:15 horas, e de tarde, de 16:30 a 19:30 horas. No Campus de Lugo a oferta será unicamente matinal.
Para acadar información sobre as actividades a desenvolver e outros aspectos desta convocatoria, as persoas interesadas poden visitar á paxina web da Fundación USC Deportiva.

The contents of this page were updated on 06.08.2009.