Skip to main content

Entrega dos premios do IX Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC

O Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC porá o broche a súa novena edición coa entrega de premios aos gañadores nas modalidades de Base Tecnolóxica, Empresa Xove, Muller Emprendedora, Proxecto Medioambiental e ao proxecto con Sensibilidade Social.
A entrega celebrarase este martes 9 no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12:00 horas, nun acto presidido polo reitor da USC, Senén Barro, e ao que tamén asistirán o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Xosé M. Mayán Santos; o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy; o subdirector xeral de Xestión do PGIDIT, Benito Fernández Rodríguez; e o xerente de Uninova, Gustavo Marcos.
Un total de 22.000 euros e outros 24.000 de financiamento mediante préstamo participativo serán as cantidades que se poderán repartir os universitarios e investigadores galegos que acaden estes premios convocados pola USC a través do seu programa de fomento da cultura emprendedora Uniemprende.
Co obxectivo de impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas por estudantes, licenciados ou investigadores e da innovación empresarial e a xeración de emprego, o xurado encargado de xulgar os proxectos prestou especial atención á súa viabilidade; grao de innovación do produto, proceso ou servizo; volume de emprego proxectado; carácter multidisciplinario do equipo de promotores; e atención ás políticas de igualdade.

The contents of this page were updated on 06.08.2009.