A USC e a Fundación ONCE subscriben un convenio marco para o desenvolvemento de actividades que favorezan a integración laboral de persoas con discapacidade
O reitor da USC, Senén Barro, e o vicepresidente primeiro executivo da Fundación ONCE, Alberto Duran, asinarán o vindeiro luns 15 un convenio marco de colaboración para o desenvolvemento de actividades conxuntas que favorezan a integración laboral de persoas con discapacidade.
A sinatura do documento celebrarase no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome a partir das 12:00 horas. Este convenio marco pretende establecer un entorno de referencia para o desenvolvemento daquelas actuacións de sensibilización da sociedade na integración e inserción laboral das persoas con discapacidade, actividades de formación e asesoramento ou promoción da súa inserción laboral nas empresas.