Skip to main content

Un curso de verán analizará en Santiago os aspectos menos coñecidos do Dereito

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Facultade de Dereito celebrará do 8 ao 10 de xullo o curso de verán titulado ‘Dereito en serio e de broma’, que dirixirá o profesor José María Miranda Boto e no que se tratará de explorar os aspectos do Dereito non considerados nos itinerarios curriculares.
O curso, de 30 horas lectivas, ten como obxectivo presentar a disciplina desde un punto de vista humano e alcanzable. Así, debaterase sobre partes do Ordenamento Xurídico de plena actualidade e transcendencia.
Na programación figura entre outros puntos a tratar a análise do Dereito con outras disciplinas como a Literatura, o deporte, ou a súa aplicación en televisión ou en casos nos que intervén o alcol.
Por outra banda, ao longo deses días tratarase de fomentar a creatividade e a capacidade crítica e satírica dos estudantes, así como a súa curiosidade por aspectos pouco coñecidos do Dereito.
A taxa xeral de matrícula para este curso é de 120 euros. Existe un prezo reducido, de 70 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 26 de xuño), xa está aberto.

The contents of this page were updated on 06.16.2009.