Skip to main content

O Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa inaugura o curso cunha xornada sobre o narcotráfico en Galicia

O Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa USC-CESEDEN inaugura este xoves 5 o curso académico cunha xornada especial, organizada en colaboración coa Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), na que se levará a cabo unha análise pormenorizada do fenómeno do narcotráfico.
O encontro, que se desenvolverá no Salón de Graos da Facultade de Dereito, inaugurarase ás 10:00 horas para inmediatamente dar paso á primeira das intervencións a cargo de Jaime Gayá, do Servizo de Vixilancia Aduaneira de Galicia. Xa ás 12:00 horas participará Fernando Moreno, comisario do Corpo Nacional de Policía e do Centro de Intelixencia contra o Crime Organizado (CICO).
Os relatorios continuarán pola tarde, ás 17:00 horas, coa intervención de José María Blanco Núñez, capitán de navío da Armada, e unha hora mais tarde do criminólogo Daniel Sansó-Rubert Pascual. A xornada remata coa intervención, ás 19:00 horas, do delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro Goyanes.

The contents of this page were updated on 11.04.2009.