Skip to main content

Comezan as clases da terceira edición do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas

A terceira edición do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas comezará a súa programación docente este xoves 5 no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) onde se vai celebrar a partir das 17:00 horas o acto académico de inauguración. Neste sesión o recentemente nomeado director do CGAC, Miguel von Hafe, que falará sobre o seu proxecto para este centro.
Posteriormente, ás 20:30 horas, terá lugar na ‘Zona C’ a inauguración da exposición Microvoyages, que xurde como resultado dun proxecto do propio Máster e que está comisariada por Antonio Díaz Correa, alumno da primeira edición.
Este posgrao propio que dirixen a catedrática Mª Luisa Sobrino e o profesor Federico López Silvestre, do Departamento de Historia da Arte da USC, céntrase no ámbito de coñecemento específico da arte das últimas décadas, abarcando desde aspectos conceptuais e críticos, ata a práctica do mundo dos museos e xestión da arte contemporánea. Está orientado a todos aqueles que desexan formarse como profesionais especializados no mundo da arte contemporánea e desenvolver a súa carreira vincualdos á crítica, no ámbito dos museos ou dos centros de arte e galerías.
Para entender todos estes fenómenos adoptaranse fronte aos métodos tradicionais, modelos transversais combinados con clases e obradoiros de tipo práctico. Ao longo do curso impartirán docencia especialistas de recoñecido prestixio da talla de Simón Marchán, Estrella de Diego, Gloria Moure, Jesús Carrillo, Joâo Fernandes ou Alberto Ruiz de Samaniego entre outros.

The contents of this page were updated on 11.04.2009.