Os Coloquios en Compostela 2009 achéganse aos exilios na Europea mediterránea
Os Coloquios en Compostela que organiza anualmente a Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da USC estarán dedicados en 2009 ao tema ‘Os exilios na Europea Mediterránea’. O profesor Xosé Manoel Núñez Seixas abrirá a edición deste ano coa conferencia ‘Éxodos, exilios, migracións: reflexións dende os casos español e galego’, este xoves 12 a partir das 12:00 horas no Paraninfo da Universidade.
O programa continuará ese mesmo día, xa pola tarde dende as 16:30 horas, coa proxección do filme de Xan Leira Exilios, que dará paso aos relatorios ‘A diáspora dos xudeus e cristiáns-novos portugueses’ de João Cosme, e ‘Os outros galegos en Portugal: exiliados, refuxiados e mozos prófugos (1823-1846)’ a cargo de Camilo Fernández Cortizo.
Ao longo das xornadas dos días 12 e 13 de novembro, analizaranse no Paraninfo da Universidade na Facultade de Xeografía e Historia, aspectos relativos aos exiliados e refuxiados galegos en Portugal, exiliados e exilios na España moderna, a situación de mestres e pedagogos cataláns exiliados en México ou os fluxos migratorios dende Italia nororiental cara a América en tempo da guerra fría, entre outros asuntos.