Skip to main content

A crise do finalismo centra unha conferencia do programa conmemorativo do Ano Darwin en Lugo

O programa de actividades do ciclo ‘Darwin e a evolución’ continúa no Campus de Lugo coa proxección dunha nova conferencia.
A cita será este xoves 19 de novembro, a partires das 16:00 horas, na Escola Universitaria de Formación do Profesorado, onde se poderá ver a gravación da conferencia ‘De Copérnico a Darwin: a crise do finalismo’, que o profesor Luís Rodríguez Camarero, do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da USC, impartiu a finais de outubro no campus compostelán.

The contents of this page were updated on 11.18.2009.