Skip to main content

A USC e o CHUS organizan un workshop cos últimos avances en sistemas de planificación de radioterapia

A USC e Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) organizan este venres 20 un workshop dedicado aos últimos avances en sistemas de planificación de radioterapia. Este encontro, que se celebrará nas instalacións do CHUS, conta coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia.
Para o seu desenvolvemento, están programadas diversas charlas sobre o uso de técnicas Monte Carlo, novos métodos de optimización de tratamentos e sobre o novo protocolo de dosimetría en niveles de terapia da OIEA. Estas intervencións estarán a cargo de investigadores do instituto alemán do Cancro (DKFZ), do Organismo Internacional para a Enerxía Atómica (OIEA) ou das universidades de Liverpool, Torino, Sevilla ou Barcelona.

The contents of this page were updated on 11.19.2009.