Nova actividade de formación teatral en Lugo
O curso de formación teatral ‘O actor e o seu corpo’ comeza esta fin de semana, 21 e 22, no Campus de Lugo, e continuará os días 28 e 29 deste mes.
A profesora do curso, a bailarina Olga Cameselle, dirixirá aos participantes nun traballo enfocado a usar conscientemente o corpo como volume en acción, relacionándoo co propio espazo (o propio corpo), co espazo alleo (outro corpo), co espazo común (o espazo escénico) e co texto.
As sesións desenvolveranse na Aula de Teatro e Danza do campus, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas os sábados, e en horario só de mañás, de 10:00 a 14:00 horas, os domingos.