'Ópera na Facultade'... de Dereito
A comunidade universitaria terá a oportunidade, a partir deste mércores 25, de achegarse ao mundo da ópera a través do ciclo de extensión cultural ‘Ópera na Facultade’ que dirixe o profesor José María Miranda Boto na Facultade de Dereito.
Serán nove as charlas divulgativas sobre o xénero lírico, ilustradas con exemplos visuais e sonoros, a cargo de apaixonados e especialistas que discorrerán ata o 2 de xuño no Salón de Actos do Centro compostelán. O seguimento regular do curso, rematado por un exame final, proporcionará aos asistentes un crédito de libre configuración para todas as titulacións.
A primeira das charlas terá lugar este mércores 25 ás 17:00 horas coa participación do propio director, o profesor de Dereito José María Miranda Boto, que fará unha aproximación ao concepto da ópera. Seguiranlle en datas posteriores Javier Garbayo, Nora Martínez, José Antonio Ramos, Julio Jorge Urbina, Daniel Diz, José Víctor Carou e Carlos Villanueva.