Skip to main content

A ETSE lembra o "papel clave" dos profesores José Mira e Gabriel Tojo na docencia e investigación da USC

nova
nova
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebrou a festividade do seu patrón

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebrou este mércores a festividade do seu patrón nun acto presidido polo reitor Senén Barro e no que se inauguraron as Aulas ‘Gabriel Tojo Barreiro’ e ‘Jose Mira Mira’ en lembranza destes docentes cun “papel clave” na docencia e investigación nos ámbitos da Enxeñaría Química e Enxeñaría Informática, respectivamente. No descubrimento das placas diante das aulas interviñeron os profesores Manuel Bao Iglesias e Diego Cabello Ferrer.
Previamente, a secretaria da Escola fixo un relatorio dos principais feitos acontecidos no pasado curso académico para logo proceder á entregara dos premios aos mellores expedientes e proxectos fin de carreira das titulacións de Enxeñaría Química, Enxeñaría Informática e Máster en Enxeñaría Ambiental.
Asemade entregáronse, na súa terceira edición, os Premios Leonardo á Docencia aos profesores con mellor valoración nas enquisas do curso 2007-08.
Os profesores e persoal de administración e servizos con máis de 25 anos de dedicación na USC recibiron tamén unha medalla conmemorativa.

The contents of this page were updated on 04.15.2009.