O Colexio Maior Fonseca celebra o 'Encontro Intercultural de Galicia'
O Colexio Maior Fonseca celebra este mércores 29 e o xoves 30 o ‘Encontro Intercultural de Galicia’ e que inclúe unha Foliada e unha exposición, todo elo co apoio da Vicerreitoría de Cultura.
A primeira das actividades a desenvolver será a foliada, este mércores, coa actuación a partir das 22:00 horas dos membros da Banda de Música de Teo. Xa o xoves, celebrarase no Salón de Xogos do Colexio unha mostra da artista galega Mayka Sangiao Yllobre, aberta aos público ao longo de todo o día, entre as 10:00 e as 22:00 horas.