O profesor Javier Garbayo comenta en Historia O Mesías de Häendel
Cando se cumpren 250 anos da morte do compositor de orixe alemán Georg Friedrich Händel, a Facultade de Xeografía e Historia a través da Área de Música do seu Departamento de Historia da Arte réndelle unha homenaxe co ciclo de proxeccións comentadas ‘Catro visións de Haendel’, algunhas delas de difícil localización na actualidade.
Este mércores 4, ás 19:00 horas na Aula 15 da Facultade de Xeografía e Historia, o profesor Javier Garbayo presentará o filme ‘Le Messie’ no que William Klein se serve do famoso oratorio composto por Haendel no ano 1741 e estreado en Dublín para formular a vixencia da idea dun Mesías cara a fin do século XX, pero perfectamente asumible na actualidade.
Cun ritmo moi áxil, enchido de imaxes e situacións moi coloristas, a música de Haendel sirve de pretexto ao director americano para tratar temas tan variados como a presenza do Mesías na arte e nas tradicións relixiosas, a necesidade constante do ser humano de crer nun ser superior, o refuxio na relixión ante a desesperanza, as crenzas nos falsos ídolos, ou mesmo –e con moita crueza visual- a pregunta¿Onde está o Mesías ante o mundo convulso que vivimos?. A reportaxe ten, por tanto, unha clara compoñente social, incluíndo imaxes nas que ás veces aflora un fino sentido do humor ao lado da denuncia máis feroz.