Skip to main content

A Facultade de Filoloxía conmemora cunha exposición o vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín

Filoloxía conmemora cunha exposición o vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín
Filoloxía conmemora cunha exposición o vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín

Con motivo do vixésimo aniversario da caída do muro de Berlín a Biblioteca da Facultade de Filoloxía acolle ata o 9 de novembro a exposición ‘Da revolución pacífica á unidade alemá’, patrocinada pola Embaixada de Alemaña en Madrid e organizada polas profesoras do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá Merlinda Dalipi e Rosa Marta Gómez Pato.
Precisamente o día 9, xornada exacta do aniversario da caída do muro, terá lugar un acto, ás 13:00 horas, onde os estudantes lerán poemas dos escritores da antiga DDR, sortearanse libros e relataranse experiencias.

The contents of this page were updated on 11.03.2009.