Skip to main content

Inaugurase en Lugo o XV Congreso 'Crise económica e financieira: novas oportunidades e perspectivas'

O decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, Luis Gago, o presidente de SIGEF (International Association for Fuzzy-Set Management and Economy), Jaime Gil Aluja, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurarán este xoves 29, ás 10:00 horas, o XV Congreso “Crise económica e financieira: novas oportunidades e perspectivas” que se desenvolverá durante os días 29 e 30 de outubro no Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.
O Congreso, no que participarán máis de 40 académicos e profesionais de todo o mundo que traballan no campo da economía, as finanzas, a xestión e a organización, pretende estimular o intercambio científico, a promoción da cooperación internacional entre a comunidade académica e as empresas, así como difundir os resultados das investigacións internacionais.
Na primeira xornada analizaranse as finanzas corporativas, as redes neurais e os programas de optimización, da man de máis de vinte especialistas de diversos puntos de España, e de países como Arxentina, Dinamarca ou Romanía.

The contents of this page were updated on 10.28.2009.