Skip to main content

A Unidade de Tabaquismo da USC axúdache a deixar de fumar

Quen desexe deixar o tabaco en 2009 debe anotarse antes deste venres

Un ano máis a Unidade de Tabaquismo da Facultade de Psicoloxía da USC ofrece a todo aquel que queira deixar de fumar a axuda necesaria para poder conseguilo. Os fumadores que desexen deixar o tabaco antes de que remate este ano poden anotarse na Unidade ata o próximo 30 de outubro.
A Unidade de Tabaquismo da USC dispón de distintos tratamentos en función do tipo de fumador: clínico intensivo, grupais, por correo postal... En todos eles adecúase o programa que se aplica a cada fumador ás súas características persoais e horarios. Neste momento son cincuenta as persoas a piques de finalizar o tratamento que comezaron hai unhas semanas.
Os teléfonos da Unidade de Tabaquismo da USC son 981563100 (ext. 13939) e 981547146.

The contents of this page were updated on 06.22.2023.