Skip to main content

Bos resultados dos xadrecistas da USC nos galegos universitarios

Os xadrecistas da Universidade de Santiago de Compostela conseguiron en xeral uns bos resultados nos campionatos galegos celebrados a pasada semana en Vigo.
Eduardo García Brión acadou o segundo lugar do certame por tras dun xadrecista de Vigo, o que o converte no campión da USC. Xunto con Eduardo tiveron un papel destacado (entre os primeiros cinco postos) Daniel Fernández Losada e Julio Torrado Quintela, cuxa clasificación outórgalles un pase directo aos Campionatos de España que terán lugar en Tarragona do 12 ao 14 de maio organizados pola Universidade Rovira i Virgili.
O equipo federado de xadrecistas da USC estivo formado ademais por Miguel Cabrero de Cabo, Iria Ares Campo, Gerardo Gil Pérez, Lorena Devesa Rarís, Greta González Campo e Maja Strikovic.
Cabe destacar tamén a boa clasificación do estudante José Miguel Santalla Pinto, que competiu en Vigo na categoría amateur.

The contents of this page were updated on 04.01.2009.