Skip to main content

A USC presenta en Lalín a oferta académica e o proceso de matrícula para o vindeiro curso

O vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade de Santiago de Compostela, Máximo Plo, presentará en rolda de prensa este venres, 17 de xullo, a oferta académica e o proceso de matrícula na institución docente para o vindeiro curso 2009-2010.
Na presentación, que terá lugar ás 12:00 horas no Museo Municipal Ramón María Aller, o vicerreitor referirase á nova oferta de titulacións (graos) adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior.

The contents of this page were updated on 07.16.2009.