Skip to main content

O profesor Paul R. Jenkins imparte unha conferencia en Química sobre os novos inhibidores de CDK4

O profesor da Universidade de Leicester Paul R. Jenkins imparte este venres 17 unha conferencia na Facultade de Química, convidado polos másters interuniversitarios en Química Avanzada e en Química Orgánica e polo programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química.
O doutor Jenkins referirase aos ‘Novos inhibidores de CDK4’, nunha sesión que vai comezar ás 12:00 horas na Aula Magna do centro compostelán. Esta é unha actividade financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do Programa de Mobilidade de Profesores en Másters Oficiais.

The contents of this page were updated on 07.16.2009.