Skip to main content

Os servizos sanitarios, a debate nun curso de verán en Santiago

UNIVERSIDADE DE VERÁN DA USC

A Universidade de Santiago impartirá a partir do 21 de setembro o curso de verán ‘A prestación de servizos sanitarios ante os retos do século XXI’, que dirixe Belén Trigo García. O obxectivo do programa será ofrecer unha visión interdisciplinaria da materia, combinando a análise académica e a perspectiva práctica dos profesionais do ámbito sanitario e xurídico implicados.
Ao longo de 30 horas lectivas, debaterase sobre tema actuais e polémicos (investigación biomédica, responsabilidade médica, consentimento informado, testamento vital, ...). A finalidade será facer reflexionar aos asistentes sobre as recentes evolucións dun entorno moi dinámico e sobre as pautas de futuro desenvolvemento. Tamén se analizará a experiencia doutros países do noso entorno e a súa eventual influencia e interrelación, especialmente no ámbito comunitario.
A taxa xeral de matrícula para asistir a estas sesións que se desenvolverán no Salón de Graos da Facultade de Dereito de Santiago ata o 24 de setembro é de 120 euros. Existe un prezo reducido, de 70 euros, para estudantes universitarios, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC. O prazo para a inscrición, tanto a través internet como por vía presencial (ata o 11 de setembro), xa está aberto.

The contents of this page were updated on 07.20.2009.