Skip to main content

Síntese e estudo de novos antitumorais e a transición ao emprego dos licenciados en Música, temas de dúas teses que se defenden este xoves

A doutoranda do Departamento de Química Orgánica Joana Lobo Antunes defenderá este xoves 30 a súa tese titulada ‘Síntese e estudo de novos antitumorais: Cumarinas e antraciclinas’. O acto de defensa e mantemento deste traballo de investigación que dirixiron Eugenio Uriarte e Barbara Gatto celebrarase a partir das 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia.
Tamén na xornada do xoves 30, pero ás 11:00 horas na Aula Padre Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación, Mª Elena Sobrino defende a súa tese ‘Evaluación da transición ó emprego dos licenciados en Música en Galicia’, que dirixiu José Cajide Val no Departamento de Investigación e Diagnose en Educación.

The contents of this page were updated on 07.29.2009.