Skip to main content

Os universitarios de Lugo aprenderán a aforrar combustible e a reducir a contaminación ao volante

Promover un uso eficiente e racional do automóbil é o obxectivo duns cursos que se impartirán no campus de Lugo a partires do 18 de xaneiro, ás 10:00 e ás 12:00 horas polas mañás, e ás 16:00 e ás 18:00 horas polas tardes.
Estas clases de condución eficiente son totalmente gratuítas e constan dunha parte teórica, que se impartirá na Sala de profesorado da Escola Politécnica Superior, e outra práctica, cun total de dúas horas de duración.
Os universitarios que participen nestes cursos aprenderán a reducir o gasto de combustible e a emisión de gases contaminantes ao ambiente modificando algúns aspectos da súa actitude ao volante e do estilo de manexo.
Os interesados en asistir a estas sesións poden inscribirse a través do correo electrónico vicexer [at] si.usc.es (vicexer[at]si[dot]usc[dot]es), indicando o día e a hora á que desexan facelo. Logo, recibirán unha contestación na que se confirma a súa admisión e se lles proporciona a información precisa para realizar o cursiño.

The contents of this page were updated on 12.21.2009.