Skip to main content

O profesor da Universidade de Huelva Pedro Pérez Romero imparte un seminario no Departamento de Química Orgánica

O ciclo de actividades formativas titorizadas do Departamento de Química Orgánica da USC recibirán a vindeira semana, entre os días 13 e 15, a visita do profesor do Departamento de Química e Ciencia dos Materiais da Universidade de Huelva, Pedro Pérez Romero.
O docente impartirá tres sesións que dedicará ao estudo das activacións C-H mediante carbenos metálicos. Os encontros celebraranse a partir das 12:00 horas na Aula 2.11 da Facultade de Química. Trátase dunha actividade do programa formativo do Máster interuniversitario en Química Orgánica que conta co financiamento do programa de Mobilidade de Profesores en Másters Oficiais con Mención de Calidade.

The contents of this page were updated on 07.10.2009.