Sae á luz un novo número da Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas
A Revista de Investigaciones Políticas y Sociológicas (RIPS) xa ten dispoñible o seu último número, o que fai o volume 8, número 2 de 2009, que nesta ocasión abre cun artigo de Angel Enrique Carretero Pasín no que reflexiona sobre ‘Michel Maffesoli. Una teoría sociológica posmoderna’.
Actitudes públicas sobre os riscos tecnolóxicas e unha reflexión sobre a nulidade matrimonial son as achegas que fan Andoni Eizagirre e Gerardo Hernández e Laura Armentia, respectivamente, ás que se suma a de Laureano Araujo Cardalda que asina o artigo ‘El Xacobeo 2010: una aproximación politológica al año santo compostelano’.