Skip to main content

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC recolle este xoves en Santiago o Premio Pallín

A Fundación Amigos de Galicia entrégalle este xoves 3 ao Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC o IV Premio Galego Manuel I. Piñeiro ‘Pallín’ para a eliminación de barreiras arquitectónicas e a integración de diminuídos físicos e psíquicos.
A entrega do galardón, no Día Internacional das Persoas con discapacidade, terá lugar ás 17:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación nun acto que presidirá o reitor Senén Barro. Participarán nel a directora xeral de Dependencia e Autonomía Persoal, Coro Piñeiro; a concelleira de Benestar Social de Santiago, Mar Martín; o representante en España da Rede Europea de Vida Independente, Antonio Novoa; o profesor da USC e asesor xurídico da Fundación Amigos de Galicia, Manuel Martín Gómez; a gañadora na categoría individual, Victoria González; o alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández; e o presidente da Fundación, Jesús Busto.
Entre as múltiples razóns esgrimidas polo xurado para concederlle o premio ao servizo universitario na categoría de organismos públicos e institucións figuran a posta en marcha do estudo CANCUNG sobre as condicións de accesibilidade nos campus das Universidades galegas; pola contratación de asistentes persoais para os estudantes con grandes discapacidades en situación de dependencia ou pola súa páxina web, destacada pola consultora ACTIVA como a mais accesible de todo o Estado.

The contents of this page were updated on 12.02.2009.