Os Estatutos pasan a unha segunda volta esta tarde
Os Estatutos da USC volverán ser votados esta tarde logo de que esta mañá nunha primeira volta non se alcanzase a maioría absoluta necesaria. Do total de 280 claustrais emitiron o seu voto 147, co resultado de 106 a favor e 38 en contra, con 3 en branco.
O texto é o resultado de sete horas de debate nas que este martes se emendou a proposta da Comisión de Desenvolvemento Estatutario presidida pola profesora Rosa Varela Puga, que durante toda a xornada defendeu o documento orixinal propoñendo as oportunas transaccións.