Skip to main content

Encontro co piloto Alonso Liste no Campus de Lugo

O piloto lugués debutará a vindeira temporada en F2, converténdose no primeiro galego que compite nesa categoría

Os universitarios de Lugo poderán coñecer ao piloto Alonso Liste no encontro que se desenvolverá o mércores 9 de decembro, ás 21:30 horas, na residencia universitaria Bal y Gay.
Alonso Liste, de 19 anos, achegaralles aos mozos a súa experiencia no mundo do motor, no que comezou con 4 anos, cando se subiu por primeira vez a un kart. Tres anos despois participaba na súa primeira competición oficial no Campionato galego de karting, e foi en 2006 cando comezou a súa andadura polo mundo dos monoprazas participando en competicións como a Master Junior Fórmula, a F3 ou a Palmer Audi, na que compite actualmente.
A próxima temporada Alonso Liste converterase no primeiro galego ao volante dun monopraza para competir en F2, a categoría máis importante despois da Fórmula 1, e que conta cunha destacada repercusión nos medios de comunicación e unha grande presenza de seguidores en cada circuíto. O campionato está inscrito dentro dunha categoría a nivel internacional, celebrándose 18 carreiras por toda Europa.
Road showAlonso Liste será tamén o protagonista do primeiro road show que se celebra en Galicia, e que terá lugar o domingo 13 de decembro, ás 16:00 horas. O piloto lugués exhibirá ao redor da Muralla o coche co que competirá a próxima temporada na F2, acompañado do ex piloto e patrón da competición Jonathan Palmer.

The contents of this page were updated on 12.04.2009.