Skip to main content

Un concerto porá o broche ás actividades organizadas pola USC co gallo do Ano Internacional da Astronomía

A celebración dun concerto este xoves 10 vai poñer o broche final ás actividades conmemorativas desenvolvidas pola USC ao longo deste ano co gallo do Ano Internacional da Astronomía. Organizado polo Observatorio Astronómico da USC, o concerto celebrarase a partir das 21:00 horas na Aula de Cultura de Caixa Galicia (r/ Carreira do Conde).
O repertorio da xornada inclúe as actuacións de Isabel Rei, á guitarra, e de Paulo Brasil, ao piano; para completar o programa cunha sesión de Cantigas e Agarimos.

The contents of this page were updated on 12.09.2009.