Skip to main content

O Claustro debate este venres os informes do reitor e do Valedor da Comunidade Universitaria

O Claustro da Universidade de Santiago reúnese en sesión ordinaria este venres 18 na Facultade de Bioloxía para debater o informe do reitor, o do Valedor da Comunidade Universitaria correspondente aos cursos 2006-07 e 2007-08 e o económico. A xuntanza será ás 10:00 horas na Aula Magna do centro.
Na mesma sesión procederase a ratificar a representación estudantil -9 membros do Claustro- na Comisión de Redacción do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas, ademais de elixirse o presidente da Comisión Electoral Central.

The contents of this page were updated on 12.17.2009.