Skip to main content

O profesor da USC Oscar Horta, premio Ensaio Ferrater Mora

O docente do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral acadou o galardón polo estudo 'A filosofía moral de J. Ferrater Mora'

O profesor do Departamento de Lóxica e Filosofía Moral da USC, Oscar Horta Álvarez, recibiu en Xirona o premio de Ensaio Ferrater Mora 2007 pola súa obra ‘A filosofía moral de J. Ferrater Mora’. Dotado con 6.000 euros e coa publicación da investigación en inglés e castelán, o galardón conmemora a figura deste filósofo, ensaísta e escritor español.
No traballo, Horta aborda a filosofía moral de Ferrater Mora, unha das perspectivas menos estudadas na obra dun dos principais pensadores en lingua española da segunda metade do século XX.
O profesor da USC destaca no ensaio a orixinalidade da ética deste filósofo cuxa obra xa profundou nos anos 70 sobre cuestións de ética aplicada, “agora de moda” con debates sobre a eutanasia, aborto ou medioambiente.
Parte do traballo galardoado tamén trata sobre os dereitos dos animais xa que Ferrater foi o primeiro en empregar en lingua castelá o termo especismo para nomear a discriminación daqueles que non pertencen a unha mesma especie.

The contents of this page were updated on 02.29.2008.