A Compañía de Teatro do Campus de Lugo convoca aos interesados en formar parte do equipo técnico a unha reunión o luns
A Compañía de Teatro da USC do Campus de Lugo convoca aos estudantes interesados en formar parte do equipo técnico deste grupo a unha reunión que terá lugar o luns día 3 de marzo, ás 18:00 horas, na Aula de teatro e danza situada na Facultade de Veterinaria.
O grupo teatral busca persoal que estea interesados nos labores alleos a interpretación pero tamén necesarios para a compañía, como vestiario, maquillaxe, luces, son ou escenografía, entre outros.
Os interesados nesta iniciativa poderán obter máis información na Oficina de Cultura do Campus lugués, situada na praza Pío XII, número 3, ou chamar ao teléfono 982 285 900 extensión 21511.