Skip to main content

Lectura de teses en Medicina e na Escola Politécnica Superior

Alejandro José Blanco Verea, doutorando do Departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses, defenderá este sábado 29 a súa tese ‘Linajes del cromosoma Y humano: aplicaciones genético-poblacionales y forenses’ que dirixiron María José Brión Martínez e Ángel Carracedo Álvarez. A defensa será ás 11:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Medicina.
Xa no Campus de Lugo, ás 12:00 horas na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior, a doutoranda Adriana Elisabet Confalone lerá o seu traballo ‘Crecemento e desenvolvemento do cultivo da faba (Vicia faba.L.): Parametrización do submodelo de fenoloxía de CROPGRO-Fababean’, do que foron directores Federico Sau Sau e Benigno Ruiz Nogueira.

The contents of this page were updated on 11.28.2008.