O Centro de Transfusión de Galicia empraza a vindeira semana unidades móbiles en Santiago e Lugo
O Centro de Transfusión de Galicia emprazará a vindeira semana senllas unidades móbiles no Campus de Santiago e Lugo.
No caso de Lugo a unidade situarase na Escola Politécnica Superior, fronte ao edificio administrativo, o luns 3 de 9:30 a 14:30 horas; e de martes a xoves no mesmo horario de mañá e abríndose tamén á tarde, de 15:30 a 21.00 horas.
Xa en Santiago, a Facultade de Medicina disporá dunha unidade móbil os días 4 e 5 de novembro de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. En Ciencias da Educación estará en horario de mañá o mércores 5 a carón do plató de televisión e, finalmente, o xoves 6 instalarase unha unidade móbil na Facultade de Dereito en horario matinal e vespertino.