Skip to main content

O Consello de Goberno da USC reúnese este mércores

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reunirase en sesión ordinaria este mércores, día 23, a partir das 9:30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. Entre outros asuntos, tratarase o procedemento para elaborar o plano estratéxico 2009-2015 e as titulacións de grao de Historia da Arte e Psicoloxía.
Na mesma xuntanza someteranse a aprobación modificacións puntuais na RPT e na normativa da Casa dos Catedráticos, complementos retributivos, o modelo de convenio de prácticas para as titulacións de Psicoloxía e o regulamento do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.

The contents of this page were updated on 07.22.2008.