Skip to main content

Un responsable do Ministerio de Medio Ambiente ofrece o xoves una conferencia sobre cambio climático en Maxisterio

O secretario xeral de Prevención da Contaminación e do Cambio Climático do Ministerio de Medio Ambiente, Arturo Gonzalo Aizpiri, ofrece este xoves 28 unha conferencia na Escola de Formación do Profesorado para falar sobre o fenómeno do cambio climático en España.
A charla, que dará comezo ás 12:00 horas, está aberta a todo o público en xeral e se desenvolverá no Salón de Actos da Escola, introducida polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero.
Arturo Gonzalo Aizpiri é doutor en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid dende 1990. A súa andaina profesional a partir dese momento comezou como investigador no Centro de Investigacións de Madrid de Repsol Petróleo dentro do grupo de Investigación Exploratoria e Novas Tecnoloxías. Foi nomeado, de forma sucesiva, director xeral de Xuventude da Comunidade de Madrid, director da Axencia de Medio Ambiente da Comunidade de Madrid e director xeral de Política Ambiental do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente, entre outros.
Entre 1996 e 2004 ocupa diversos cargos no Grupo Repsol e se integra no grupo de Cambio Climático de IPIECA (Asociación Internacional de Medio Ambiente da Industria do Petróleo). Tamén foi presidente do Grupo de Cambio Climático de ARPEL (Asociación da Industria do Petróleo e Gas de Latinoamérica e o Caribe).
Ocupa o cargo de secretario xeral de Contaminación e cambio climático dende o ano 2004.

The contents of this page were updated on 02.27.2008.